jueves, 11 de diciembre de 2008

Entrega Cesta do Recreo


Clicar nas imaxes para agrandalas

Eliseo Magallanes Sobrino (Autoescuela Eli’S) de A Guarda, foi o agraciado coa cesta do Recreo.
O sorteo habíase feito o día 8 de decembro durante o festival do CXVIII aniversario do Recreo Artístico Guardés.
A rifa número 505, foi a que presentou Eliseo para facerse acredor da Cesta doada por Inmobiliaria Reyco, e tamén dos dous décimos de lotería do Nadal que o Recreo engadiu como complemento a Cesta.
Na entrega do premio estaba presente delegando a Inmobiliaria Reyco, Carlos Rebollar Portela e por parte do Recreo, o seu Presidente, Anselmo Martínez Pena.
Acompañaba ao agraciado o seu fillo David Magallanes Pérez, de catro anos que como agradecemento díxonos: “...que o seu pai xa comprara o turrón porque non sabía que lle ia a tocar a cesta”.
(Moi ocurrente, e moi sabio o cativo).
Anselmo Martínez Pena, transmite publicamente o agradecemento a todos aqueles cantos mercaron rifas.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

CXVIII ANIVERSARIO


Aspectos parciales do salón principal cheo de xente

O día 8 de decembro, celebrouse no salón principal do Recreo o CXVIII aniversario (1890- 2008).
A Directiva por medio do seu Presidente Anselmo Martínez Pena, agradece a todos cantos asistiron a esta celebración que sen dúbida algunha encheu de xente o salón como nunca. Calcúlase que unhas 300 persoas estaban na sala presenciando as actuacións dos artistas invitados para este evento.

O presidente deu comenzo a o acto lendo o seu habitual discurso no que agradeceu a todos a súa asistencia e recordou as anteriores xeracións de socios e directivos con admiración e respeto.

Cada ano que pasa -dixo- síntome na obriga de lembrar as anteriores xeracións, tanto de socios como directivos. Recordalos con todo respecto e admiración, pensando que todos eles fixérono como mellor souberon, e foron deixando tras de si algo positivo para que nestes intres todos os que formamos a masa social saibamos que nos tamén debemos darlle continuidade a este legado, para que dentro de poucos anos, outros se acorden de nos como continuadores desta sociedade, de toda a cultura que ano a ano se ven transmitindo dentro desta sede social, e tamén, dun patrimonio, que a vista está, é digno de todos nos.

-Continuou o Presidente dicindo:
O Recreo, foi reciclándose a trabes dos tempos, e, normas ou costumes que antes eran normais agora chocarían de cheo coa mentalidade actual e non terían cabida nas expectativas de hoxe en día.

-En outro momento do discurso pidiu unha refexión:
Reflexionemos xuntos e pensemos que calquera directiva, as pasadas, á presente, e as que veñan, necesitan a axuda de tódolos socios pois non é necesario ser un lince para darse conta de que hai moi pouca xente disposta a coller cargos como directivos, e os poucos que poden estar dispostos a elo, deben sentirse o máis cómodos posible para que haxa continuidade. Se non é así, a corda vai romper sempre pola parte máis débil. Esa rotura da corda precipitaría, penso eu, a extinción desa especie chamados «Directivos».
Animou o presidente a traballar todos, socios e directivos, a prol do Recreo e trasladar as dúbidas que xurdan ás asembleas, pois é nelas onde o que se fala pode ter valor. O tratar de falar aquí, alá, acolá, non é outra cousa que facer ruído.

Cada ano que pasa estamos máis obrigados a loitar para que o Recreo siga existindo. Temos que ser todos os que vaiamos transmitindo a necesidade de que sexamos unha institución, que por si soa, pola súa historia, pola súa transcendencia neste pobo da Guarda se converta nun referente para outras sociedades e nos encha de orgullo a todos nós que tamén puxemos, ou estamos poñendo, ese granciño de area para chegar con vida a estes 118 anos, que son os que hoxe celebramos, e auguramos sexan moitos máis.

Que esta festa sexa para todos nós, un sentimento de agradecemento para todas esas xeracións pasadas que pertenceron a esta Sociedade e que gracias a os seus acertos e outras veces erros, poidamos estar hoxe aquí todos xuntos bufando con forza para intentar apagar as 108 velas desta tarta imaxinaria.
¡¡¡FELIZ CUMPRIANOS, RECREO!!!

Despois do discurso que foi moi apaludido por os asitentes, o Presidente, fixo ás seguintes peticións:
Temos unha cafetería que está aberta de 10 da mañá a 10 da noite. É necesario recuperar ese día a día con xente dentro, charlando, xogando ou simplemente tomando un café con tranquilidade. Démoslle vida ao Recreo facendo vida nel.

Penso que todos leriades o comunicado que mandamos xunto coa tríptico anunciando os bailes de Nadal, Aninovo e Reis. Xa vedes que temos todas as posibilidades de celebrar calquera festa nas nosas instalacións. Oxalá se vexa o Recreo sempre cheo de xente e que os nosos fillos vaian collendo a costume de facernos unha visita, anotarse como socios e ir facendo pouco a pouco ese relevo xeracional tan necesario para a continuidade desta Sociedade.

Non esquezades que o Domingo día 18 de xaneiro de 2009 temos a Asemblea Xeral Ordinaria. A asistencia as asembleas é unha demostración de que a sociedade ten vida. Esperámosvos e cantos máis mellor.

Aínda temos a dispor de quen queira ler a historia completa do Recreo dende o 1890 ata o 2005, os dous libros escritos por Joaquín Miguel Villa Álvarez, de lectura amena e fainos volver atrás na historia e decatarnos do pasado desta sociedade.

Rematou o Presidente agradecendo a todos ser escoitado con tanta atención.
ACTUACIÓNS:
Antes de dar paso ás actuacións de Benito Guerreiro e Tino Baz, Anselmo Martínez Pena, agradeceu a aqueles artistas que, en edicións anteriores, levaron o seu espectáculo ou a súa música ao Salón do Recreo, desinteresadamente: “Grupo Marino”, María José Baz, Josué, Noelia e Andrea, para os que pediu un aplauso.

De seguido presentou a BENITO GERREIRO, contacontos que percorreu todos os povos de Galicia contando contos e que estava alí no Recreo para facer o mesmo, contar un conto.

Benito contou un conto moi ameno facendo unha valoración do que pensamos dos outros sen pensar mais que na apariencia exterior. Para elo tomou como exemplo duas noces: unha de California e outra do país, que lle serviron para chegar a conclusión de que o importante de alguén agóchase no seu interior.
O remate do conto fortes aplausos premiaron a intervención de Benito Guerreiro. e de novo o Presidente sube ao estrado para presentar a TINO BAZ.

Presentouno brevemente dicindo:

Sen ningunha dubida, a seguinte actuación é o regalo de cumpríanos para esta Sociedade.
Como presidente, síntome orgulloso de que un fillo do pobo da Guarda. Fillo tamén dun socio do Recreo, xa finado. Un home que deu os primeiros pasos no mundo da música aquí nesta sociedade, concretamente neste mesmo salón. Un home que ama e loita por manter a flote o folclore e as costumes galegas. Un defensor acérrimo do noso pobo. El que é capaz de transmitir todo iso a todos nos musicalmente, xa ten acaparado o noso respeto e agradecemento.
Cando, alá polo mes de marzo lle falei para que viñera a dar un concerto ao Recreo. Sen pensalo nin un segundo respondeume:
¡Anselmo, Sería para min un pracer actuar no Recreo!
Hoxe digo eu en nome de todos:
¡O pracer é para todos nos poder gozar coa túa actuación!
¡¡¡Celebremos esta festa con TINO BAZ!!!



A actuación de TINO BAZ foi das de non olvidar nunca. A xente, en todo momento, estivo enganchada a súa música e participou sempre que el o pidiu.
Actuaron con el a súa irmá Carmen María Baz, Pablo, e Alex Rios (teclado).

Todos eles no escenario fixeron as delicias do público asistente que agradeceo en todo momento con fortes aplausos e varias postas en pé.
O Público espectante en todo momento
O remate do festival sorteouse unha cesta de Nadal, agasallo de "Grupo Reyco".
O número premiado foi o 505.

BAILE DE ENTROIDO

Como é tradicional o sábado 10 de febreiro teremos o tradicional baile de disfraces no que estaremos acompañados pola orquesta ABANICO dend...