martes, 23 de diciembre de 2008
jueves, 11 de diciembre de 2008
Entrega Cesta do Recreo
Clicar nas imaxes para agrandalas
Eliseo Magallanes Sobrino (Autoescuela Eli’S) de A Guarda, foi o agraciado coa cesta do Recreo.
O sorteo habíase feito o día 8 de decembro durante o festival do CXVIII aniversario do Recreo Artístico Guardés.
A rifa número 505, foi a que presentou Eliseo para facerse acredor da Cesta doada por Inmobiliaria Reyco, e tamén dos dous décimos de lotería do Nadal que o Recreo engadiu como complemento a Cesta.
Na entrega do premio estaba presente delegando a Inmobiliaria Reyco, Carlos Rebollar Portela e por parte do Recreo, o seu Presidente, Anselmo Martínez Pena.
Acompañaba ao agraciado o seu fillo David Magallanes Pérez, de catro anos que como agradecemento díxonos: “...que o seu pai xa comprara o turrón porque non sabía que lle ia a tocar a cesta”.
(Moi ocurrente, e moi sabio o cativo).
Anselmo Martínez Pena, transmite publicamente o agradecemento a todos aqueles cantos mercaron rifas.

miércoles, 10 de diciembre de 2008
CXVIII ANIVERSARIO
Aspectos parciales do salón principal cheo de xente
O día 8 de decembro, celebrouse no salón principal do Recreo o CXVIII aniversario (1890- 2008).
A Directiva por medio do seu Presidente Anselmo Martínez Pena, agradece a todos cantos asistiron a esta celebración que sen dúbida algunha encheu de xente o salón como nunca. Calcúlase que unhas 300 persoas estaban na sala presenciando as actuacións dos artistas invitados para este evento.
O presidente deu comenzo a o acto lendo o seu habitual discurso no que agradeceu a todos a súa asistencia e recordou as anteriores xeracións de socios e directivos con admiración e respeto.
Cada ano que pasa -dixo- síntome na obriga de lembrar as anteriores xeracións, tanto de socios como directivos. Recordalos con todo respecto e admiración, pensando que todos eles fixérono como mellor souberon, e foron deixando tras de si algo positivo para que nestes intres todos os que formamos a masa social saibamos que nos tamén debemos darlle continuidade a este legado, para que dentro de poucos anos, outros se acorden de nos como continuadores desta sociedade, de toda a cultura que ano a ano se ven transmitindo dentro desta sede social, e tamén, dun patrimonio, que a vista está, é digno de todos nos.

-Continuou o Presidente dicindo:
O Recreo, foi reciclándose a trabes dos tempos, e, normas ou costumes que antes eran normais agora chocarían de cheo coa mentalidade actual e non terían cabida nas expectativas de hoxe en día.
-En outro momento do discurso pidiu unha refexión:
Reflexionemos xuntos e pensemos que calquera directiva, as pasadas, á presente, e as que veñan, necesitan a axuda de tódolos socios pois non é necesario ser un lince para darse conta de que hai moi pouca xente disposta a coller cargos como directivos, e os poucos que poden estar dispostos a elo, deben sentirse o máis cómodos posible para que haxa continuidade. Se non é así, a corda vai romper sempre pola parte máis débil. Esa rotura da corda precipitaría, penso eu, a extinción desa especie chamados «Directivos».
Animou o presidente a traballar todos, socios e directivos, a prol do Recreo e trasladar as dúbidas que xurdan ás asembleas, pois é nelas onde o que se fala pode ter valor. O tratar de falar aquí, alá, acolá, non é outra cousa que facer ruído.
Cada ano que pasa estamos máis obrigados a loitar para que o Recreo siga existindo. Temos que ser todos os que vaiamos transmitindo a necesidade de que sexamos unha institución, que por si soa, pola súa historia, pola súa transcendencia neste pobo da Guarda se converta nun referente para outras sociedades e nos encha de orgullo a todos nós que tamén puxemos, ou estamos poñendo, ese granciño de area para chegar con vida a estes 118 anos, que son os que hoxe celebramos, e auguramos sexan moitos máis.
Que esta festa sexa para todos nós, un sentimento de agradecemento para todas esas xeracións pasadas que pertenceron a esta Sociedade e que gracias a os seus acertos e outras veces erros, poidamos estar hoxe aquí todos xuntos bufando con forza para intentar apagar as 108 velas desta tarta imaxinaria.
¡¡¡FELIZ CUMPRIANOS, RECREO!!!
Despois do discurso que foi moi apaludido por os asitentes, o Presidente, fixo ás seguintes peticións:
Temos unha cafetería que está aberta de 10 da mañá a 10 da noite. É necesario recuperar ese día a día con xente dentro, charlando, xogando ou simplemente tomando un café con tranquilidade. Démoslle vida ao Recreo facendo vida nel.
Penso que todos leriades o comunicado que mandamos xunto coa tríptico anunciando os bailes de Nadal, Aninovo e Reis. Xa vedes que temos todas as posibilidades de celebrar calquera festa nas nosas instalacións. Oxalá se vexa o Recreo sempre cheo de xente e que os nosos fillos vaian collendo a costume de facernos unha visita, anotarse como socios e ir facendo pouco a pouco ese relevo xeracional tan necesario para a continuidade desta Sociedade.
Non esquezades que o Domingo día 18 de xaneiro de 2009 temos a Asemblea Xeral Ordinaria. A asistencia as asembleas é unha demostración de que a sociedade ten vida. Esperámosvos e cantos máis mellor.
Aínda temos a dispor de quen queira ler a historia completa do Recreo dende o 1890 ata o 2005, os dous libros escritos por Joaquín Miguel Villa Álvarez, de lectura amena e fainos volver atrás na historia e decatarnos do pasado desta sociedade.
Rematou o Presidente agradecendo a todos ser escoitado con tanta atención.
ACTUACIÓNS:
Antes de dar paso ás actuacións de Benito Guerreiro e Tino Baz, Anselmo Martínez Pena, agradeceu a aqueles artistas que, en edicións anteriores, levaron o seu espectáculo ou a súa música ao Salón do Recreo, desinteresadamente: “Grupo Marino”, María José Baz, Josué, Noelia e Andrea, para os que pediu un aplauso.
De seguido presentou a BENITO GERREIRO, contacontos que percorreu todos os povos de Galicia contando contos e que estava alí no Recreo para facer o mesmo, contar un conto.
Benito contou un conto moi ameno facendo unha valoración do que pensamos dos outros sen pensar mais que na apariencia exterior. Para elo tomou como exemplo duas noces: unha de California e outra do país, que lle serviron para chegar a conclusión de que o importante de alguén agóchase no seu interior.
O remate do conto fortes aplausos premiaron a intervención de Benito Guerreiro. e de novo o Presidente sube ao estrado para presentar a TINO BAZ.
Presentouno brevemente dicindo:
Sen ningunha dubida, a seguinte actuación é o regalo de cumpríanos para esta Sociedade.
Como presidente, síntome orgulloso de que un fillo do pobo da Guarda. Fillo tamén dun socio do Recreo, xa finado. Un home que deu os primeiros pasos no mundo da música aquí nesta sociedade, concretamente neste mesmo salón. Un home que ama e loita por manter a flote o folclore e as costumes galegas. Un defensor acérrimo do noso pobo. El que é capaz de transmitir todo iso a todos nos musicalmente, xa ten acaparado o noso respeto e agradecemento.
Cando, alá polo mes de marzo lle falei para que viñera a dar un concerto ao Recreo. Sen pensalo nin un segundo respondeume:
¡Anselmo, Sería para min un pracer actuar no Recreo!
Hoxe digo eu en nome de todos:
¡O pracer é para todos nos poder gozar coa túa actuación!

¡¡¡Celebremos esta festa con TINO BAZ!!!
A actuación de TINO BAZ foi das de non olvidar nunca. A xente, en todo momento, estivo enganchada a súa música e participou sempre que el o pidiu.
Actuaron con el a súa irmá Carmen María Baz, Pablo, e Alex Rios (teclado).

Todos eles no escenario fixeron as delicias do público asistente que agradeceo en todo momento con fortes aplausos e varias postas en pé.
O Público espectante en todo momento
O Público espectante en todo momento
O remate do festival sorteouse unha cesta de Nadal, agasallo de "Grupo Reyco".
O número premiado foi o 505.
O número premiado foi o 505.
miércoles, 19 de noviembre de 2008
martes, 18 de noviembre de 2008
Información a os Socios
Dado a que hai moitos socios que aínda non están decatados de moitas das melloras que ofrece o Recreo facemos o seguinte,
C O M U N I C A D O:
O Recreo Artístico Guardés, ofrece a todos os Socios e Beneficiarios a posibilidade de realizar, nos seus salóns, calquera tipo de celebración: cumpreanos, aniversario de voda, despedidas de solteiro/a, festas de Primeira Comuñón... Tamén se poden realizar reunións de comunidades de veciños, asembleas de calquera tipo asociación, etc.
Calquera reunión con carácter comercial ou política deberá ser aprobada previamente de maneira exclusiva pola Xunta Directiva.
Tamén dispoñemos, na finca traseira, de tres asadeiros para uso de todos os socios. Poden utilizalos para cociñar o que precisen e comelo nas nosas instalacións ou para levar. Se deciden comelo no Recreo, saiban que dispomos de sillas, taboleiros e cabaletes para facer mesas, para máis de 150 persoas.
O uso do salón e churrasqueiro farase con solicitude previa e serán cedidos por rigoroso orden de petición. É obrigatorio que o solicitante sexa SOCIO ou BENEFICIARIO do Recreo.
O uso dos salóns e churrasqueiro é totalmente gratuíto.
Aproveita as instalacións do Recreo cos teu amigos e familiares aínda que eles non sexan socios.
Infórmate na cafetería ou chamando aos teléfonos:

Salón do ático adornado para un aniversario.
(Clicar na imaxe para agrandala)
Fai unha visita a o Recreo e mira todas as instalacións. Como socio tes direito a gozar delas.
domingo, 12 de octubre de 2008
Sábados noite
miércoles, 3 de septiembre de 2008
TIPOS DE SOCIOS Y QUE OFRECEMOS:
TIPOS DE SOCIO, BENEFICIARIOS Y CUOTAS ACTUALES:
Socio de Número o socio Propietario.-
6 Euros mensuales. Beneficiarios:
su cónyuge o pareja y todos sus hijos menores de 25 años.
Socio de Verano.-
Un pagó único de 24 euros anuales. Beneficiarios: Igual que los socios de número. Pueden ser Socios de Verano aquellas personas que sólo frecuenten la sociedad en temporada estival de junio a septiembre, y tengan su domicilio fuera de A Guarda y sus zonas limítrofes.
Socio Juvenil.-
3 euros al mes. Podrán ser socios juveniles todos los menores de 25 años. No gozan del privilegio de tener beneficiarios.
Socio Eventual.-
6 euros mensuales. Beneficiarios: Igual que el socio de número. Podrán ser Socios Eventuales, las personas domiciliadas en A Guarda por razón de su cargo o profesión, siempre que su estancia no sea superior a un año.
Hacemos un llamamiento a todos los interesados en hacerse socios, recordándoles que durante este año 2008 eliminamos la Cuota de Alta, por lo tanto es el momento ideal para inscribirse y disfrutar de esta centenaria Sociedad (1890-2008) a la vez que con su cuota mensual colabora a que el Recreo siga modelando su historia, siga presente en este pueblo y pueda ofrecer a sus socios lo que ellos demanden.
Disponemos en la planta baja de una excelente cafetería con unos precios económicos y un selecto servicio. Prensa nacional representada por seis periódicos diarios; Una revista del corazón semanal; Una revista científica mensual. Amplia biblioteca a disposición de los socios; Mesa de Billar de campeonato y juegos de mesa. Televisor pantalla grande abonados a todo fútbol Canal Satélite Digital
En el salón principal, en la primera planta, celebramos los bailes de Navidad, Fin de Año, Reyes y Carnaval adultos e infantil, además en ese salón se celebran conferencias, exposiciones, festivales y todos los acontecimientos relacionados con la cultura general. Podemos presumir de que actualmente, en A Guarda, el Recreo, dispone del mejor salón para actos culturales.
Un segundo salón en el ático a disposición de todos los socios para sus celebraciones y fiestas de cumpleaños, primeras comuniones, aniversarios, despedidas de soltero/a etc.
También ofrecemos los salones a las Juntas Vecinales, comisiones de fiestas y cualquier otro colectivo para sus reuniones. Sólo es necesario que el solicitante sea socio, aunque los asistentes no lo sean.
La ocupación de los salones en las fiestas es totalmente gratuita, pero es conveniente hacer la solicitud con tiempo suficiente. La cesión de los salones se hará por riguroso ORDEN DE SOLICITUD.
Las instalaciones sociales se amplían con un patio polideportivo (700 m2) donde disfrutar de su deporte favorito, Balónmano, Baloncesto, Futbito, Tenis, Bicicleta, etc. Y es, en ese patio, donde se celebran las fiestas gastronómicas, en verano, como la popular “Sardiñada y Queimada” así como picnics y la típica Hoguera de San Juan; Independientemente de las fiestas particulartes que algunos socios con sus amigos quieran hacer.
En la finca colindante al Polideportivo (600 m2) instalamos unos CHURRASQUEROS (ver foto) con tres parrillas para que los socios con sus amigos puedan hacer su churrasco, comerlo allí al aire libre, en el salón del ático, o fuera del recinto del Recreo, según prefiera.
Foto churrasqueros.
(Cliquea en la foto para ampliarla)
Les invitamos a que visiten nuestra cafetería aunque no sea socio (siempre será bienvenido). Solicite conocer todas las instalaciones. Con toda cordialidad les mostraremos todo el Recreo y le animaremos a que sea un miembro más de esta sociedad.
Muchas gracias.
La Directiva.
lunes, 25 de agosto de 2008
SARDIÑADA 2008
O Sábado dia 23 de agosto, o Recreo Artístico Guardés celebrou a súa, xá tradicional, festa da “Sardiñada e Queimada “
Como non podía ser doutra maneira, os socios do Recreo, cos seus amigos e convidados, acudiron a cita aínda que a climatoloxía non fose o máis axeitada que quixeramos pois o vento do norte facía que a temperatura fose un pouco desagradable. Logo, o meterse o sol, o vento quedou calmo e todos comezamos a sacar as chaquetas e a sentirse participes da festa no 100%.
A xente gozou desta festa. Os que asistiron por vez primeira quedaron moi satisfeitos e nos se cansaros de dar parabéns.
(Cliquear nas fotos para miralas a tamaño orixinal)

Preparando os asadeiros
Comeza o asado.
Comeza o asado.
Comeza o reparto.
Leonor en pleno reparto charlando cun comensal.
As mesas van enchendose. Os primeiros buscan a sombra do paredón.
As mesas van enchendose. Os primeiros buscan a sombra do paredón.
Entre os asistentes sorteáronse tres premios:
Dous lotes de marisco e unha baixela.
Mercedes e Angel, parecen satisfeitos de estar na festa.
O noso agradecemento a todos cantos asistiron a Sardiñada e Queimada.
Cada año son más los forasteros que veranean en A Guarda y acuden a esta fiesta. A todos ellos. Muchas gracias.
Con estas xuntanzas axudamos a que o Recreo Artístico Guardés que naceu no ano 1890 (118 anos de vida) poida seguir adiante.
Agradecemos a Antón Ferreira (galiciasuroeste.info) que nos deixa publicar algunha das súas fotos.
jueves, 31 de julio de 2008
Chamamento a Sardiñada:
Quixemos facer, como en anos anteriores, a Sardiñada no mes de xullo. Ante a cantidade de eventos que houbo e hai na Guarda en xullo e agosto, tivemos que acomodar a data dá Sardiñada do Recreo para o 23 de agosto.
Sabemos que quizais se faga un pouco tarde, pero non tivemos outra alternativa.
Esperamos que os socios, beneficiarios e amigos asiduos a este evento saiban disculparnos e animámolos, de novo, a que veñan un ano máis, a gozar desta festa.
Asi mesmo facemos un chamamento a os demáis socios que ainda non coñecen a “Sardiñada do Recreo” a que se animen e xunto cos seus amigos estean con nosco este ano. De seguro que o van a pasar ben.
Ë preciso apuntarénse.
(Fai clic no cartel para agrandalo)
(O noso agradecemento a Antón Ferreira Lorenzo galiciasuroeste.info por deixarnos publicar fotos da súa colleita)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
BAILE DE ENTROIDO
Como é tradicional o sábado 10 de febreiro teremos o tradicional baile de disfraces no que estaremos acompañados pola orquesta ABANICO dend...
-
Como é tradicional o sábado 10 de febreiro teremos o tradicional baile de disfraces no que estaremos acompañados pola orquesta ABANICO dend...
-
Como es tradicional este año tambien tendremos bailes por navidad y fin de año. En navidad a partir las 23:30 baile amenizado por el DUO A...