jueves, 25 de junio de 2009

Primeira Churrascada de xente xoven no Recreo.

Na Foto os catro primeiros xovens dispostos a preparar as brasas para facer unha churrascada.

Un grupo de xovens (mais de 50) celebraron a noite de San Xoan no Recreo Artístico Guardés.
Dispuxeron dos asadeiros que hai na parte de atrás do Recreo e alí fixeron a churrascada, comeron, beberon, bailaron e divirtironse facendo uso dunhas instalacións que estan a dispor para todos os socios acompañados dos seus amigos ainda que estes non o sexan.
É a primeira vez que un grupo de xente xoven fai uso destas instalacións por iso a directiva que está apunto de deixar o cargo congratulase e fai un chamamento a xuventude para que celebre a súas festas no Recreo.
Solicitade información e veredes que podedes dispor de un sitio privilexiado para pasar unha velada agradable.
Animadevos e correde a voz.

sábado, 6 de junio de 2009

Nova Directiva do Recreo Artístico Guardés

O Sábado día 6 de xuño, logo de unha longa reunión entre os Directivos electos e a Directiva actual, quedou establecida a NOVA DIRECTIVA que rexerá a centenaria sociedade.

Durante a Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrou o pasado domingo 31 de maio, estes novos directivos foron elixidos por votación entre unha lista de 324 socios de número que cumprían os requisitos regulamentados para ser votados como directivos.

A Nova directiva, que collerá o cargo alá nos comezos do mes de xullo xa que o novo Presidente estará de viaxe ata esas datas, quedou repartida da seguinte maneira:

Presidente:
Antonio González Pacheco


Vicepresidente:
Jesús González Álvarez


Secretario:
Ignacio Saa González

Tesoureiro:
Antonio Castro Lomba

Vocais:
J. Ramón Martínez Pena
Antonio Lima Álvarez
Lucinio Sousa Pereira

BAILE DE ENTROIDO

Como é tradicional o sábado 10 de febreiro teremos o tradicional baile de disfraces no que estaremos acompañados pola orquesta ABANICO dend...