viernes, 30 de enero de 2009

Resumen da Asemblea Xeral Ordinaria

O pasado dómingo día 18 de xaneiro celebrouse no salón principal do Recreo Artístico Goardés a Asemblea Xeral Ordinaria, a cal asistiron un número considerable de socios, acompañados algúns deles por a súa dona.


Sempre dentro de unha cordialidade exquisita foronse consumindo todos os puntos do Orde do Día.



No punto número cinco foron nomeados Socios de honor cinco socios por ter cotizados 50 anos ininterrumpidamente. Os nomeados foron:

Socio Núm. 21 Leoncio Rodríguez Cividanes
Socio Núm. 22 Francisco Vicente Miranda
Socio Núm. 23 Moisés González González
Socio Núm. 24 Armando Verde Andrés
Socio Núm. 25 José González Granada

Os tres primeiros estaban presentes na sala e recibiron de mans do Presidente o Diploma acreditativo, así como o correspondente carné de Socio de Honor.

No punto 6 que era: Elección da nova Xunta Directiva.
O non presentarse ninguén voluntario para formar unha nova directiva o Presidente deu un ultimato ata o mes de maio, data en que se fará unha Asemblea Extraordinaria cun único punto no Orde do Día que será a elección da nova Xunta Directiva por o sistema de votación como se contempla no art. 46 do Regulamento da Sociedade.


Destacamos dous dos acordos que houbo nesta Asemblea:
1) Sigue vixente, durante este ano 2009 a eliminación da "COTA DE ALTA"
2 ) O Baile de Nadal deste ano 2009 farase o sábado día 26 de decembro.
Como remate, recorda o Presidente do Recreo que eles xa levan cinco anos no cargo e que faise necesario o relevo. e polo tanto anima a que se xunten uns cantos socios e collan a Sociedade dándolle outros ventos e intenten entre os seus amigos e familiares conseguir novos socios que veñan a formar parte desta sociedade que neste ano cumprirá 119 anos e por respecto e admiración aos fundadores e todas as directivas seguintes, é necesario a continuidade do Recreo.

Un icono na vila de A Guarda, cheo de historia, na que hai moi pouca xente neste pobo que non se sinta relacionado, coa Historia do Recreo, se non é directamente é familiarmente pois por esta sociedade ao longo dos anos pasaron como socios e Directivos moita xente. Se as xeracións de agora tiramos da “árbore xenealóxico” é moi seguro que case todos nos sintamos identificados.

Historia que esta a dispor de que a queira ler escrita en dous libros desde a súa fundación 1890 ata 0 ano 2005 escrita por o Doutor en Historia Contemporánea D. Joaquín Miguel Villa Álvarez, Secretario de Honor do Recreo) e que estan a venta na cafetería do Recreo para todo aquel que os queira mercar. (12 euros os dous libros)

O Remate da Asemblea a Directiva ofreceu a todos os asistentes un viño galego.










O Presidente con cara de circunstancias, tal vez pensando o porqué ninguen se quere facer cargo do Recro. ¿Onde estan os que so saben falar na cafetería e logo non dan a cara nas Asembleas?

domingo, 11 de enero de 2009

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A Directiva do Recreo Artístico Guardés convoca a todos os socios a asistir a Asemblea Xeral Ordinaria que se vai celebrar no salón principal do Recreo o vindeiro domingo día 18 de xaneiro de 2009 en UNICA convocatoria para as cinco da tarde co seguinte Orde do Día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria anterior.

2.- Memoria da xestión da Xunta Directiva durante o ano 2008.

3.- Lectura e aprobación, se procede, do balance económico do ano 2008.

4.- Orzamentos para este ano 2009.

5.- Nomeamento de Socios de Honor, se procede, a varios socios por ter cotizados 50 anos inintirrumpidamente.

6- Elección da nova Xunta Directiva.

7.- Rogos e preguntas.


Esperamos, como en asembleas anteriores, mirar o salón cheo de xente escoitando e participando, pois é ahí nas Asembleas donde se poñen as cousas enriba da mesa e cada un pode expoñer o seu criterio ou pidir esplicacións a Directiva do que crea convinte.

Animadevos a vir coa dona a pasar unha tarde agradable ao mesmo tempo que nos informamos de primeira man do camiñar da sociedade.

O Recreo somos todos e entre todos podemos facer que esta institución continue camiñando ao longo dos anos.

¡¡¡Esperámosvos!!!

Gracias a todos por asistir.

BAILE DE ENTROIDO

Como é tradicional o sábado 10 de febreiro teremos o tradicional baile de disfraces no que estaremos acompañados pola orquesta ABANICO dend...