domingo, 11 de enero de 2009

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

A Directiva do Recreo Artístico Guardés convoca a todos os socios a asistir a Asemblea Xeral Ordinaria que se vai celebrar no salón principal do Recreo o vindeiro domingo día 18 de xaneiro de 2009 en UNICA convocatoria para as cinco da tarde co seguinte Orde do Día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria anterior.

2.- Memoria da xestión da Xunta Directiva durante o ano 2008.

3.- Lectura e aprobación, se procede, do balance económico do ano 2008.

4.- Orzamentos para este ano 2009.

5.- Nomeamento de Socios de Honor, se procede, a varios socios por ter cotizados 50 anos inintirrumpidamente.

6- Elección da nova Xunta Directiva.

7.- Rogos e preguntas.


Esperamos, como en asembleas anteriores, mirar o salón cheo de xente escoitando e participando, pois é ahí nas Asembleas donde se poñen as cousas enriba da mesa e cada un pode expoñer o seu criterio ou pidir esplicacións a Directiva do que crea convinte.

Animadevos a vir coa dona a pasar unha tarde agradable ao mesmo tempo que nos informamos de primeira man do camiñar da sociedade.

O Recreo somos todos e entre todos podemos facer que esta institución continue camiñando ao longo dos anos.

¡¡¡Esperámosvos!!!

Gracias a todos por asistir.

No hay comentarios:

BAILE DE ENTROIDO

Como é tradicional o sábado 10 de febreiro teremos o tradicional baile de disfraces no que estaremos acompañados pola orquesta ABANICO dend...