martes, 5 de mayo de 2009

Festival día da Nai 2009

O Domingo 3 de maio celebrouse no Recreo o Festival “Dia da Nai 2009”
Desde a dirección do Recreo agradecen a todos os asistentes a súa presenza xa que o día estaba verdadeiramente de irse a gozar do sol pois era o primeiro domingo do ano que verdadeiramente invitaba saír da casa.

O salón principal encheuse unha vez máis e iso di moito a favor da organización de calquera evento que se organice no Recreo. Sempre está cheo de xente.

O acto transcorreu tal cal estaba programado moi ameno e tamén moi emotivo xa que as poesías dedicadas a Nai fixeron que a xente se sentira, moita dela emocionada.
Interpretaron as poesías neste orde:
Carmiña, a nena Marta e a súa aboa María Oliva, a moza Sara, a nena Nuria e Anselmo.

A música extraordinaria por parte dos grupos Antorcha, e Algarabía.
Maria José, unha vez máis deleitounos coa súa marabillosa voz como solista
Puxeron tamén unha pincelada musical os mozos acordeonistas Seila e Daniel os cales estiveron maxistrais.
Para rematar, o Ballet "Studio 88" do Recreo Artístico Guardés, dirixido por Josué, ofreceu tres bailes os cales interpretaron: as mozas, as pequerrechas e a parella Andrea e Josué.

Destácase a entrega de tres placas conmemorativas a os grupos "Antorcha", "Algarabia" e "Studio 88" por a súa traxectoria cultural ofrecido no Recreo estes últimos cinco anos ofrecendo aempre desinteresadamente as súas actuacións.

Rematouse a festa degustando todos de un anaco de Rosca da Confitería Rogelio (asiduo colaborador neste festival) e un chato de viño doce.

Tamén como en anos anteriores ofreceuse unha flor a cada muller e desta vez a flor veo acompañada dun libro de poesías xentileza da poetisa María Oliva escrito por ela e titulado “Rosas en la arena”

O Presidente da sociedade na despedida do acto fixo un chamamento a todos os asistentes, non socios, a que se animen a facerse para que o Recreo non desapareza xa que, quéirase ou non, é unha institución no pobo de A Guarda, e como tal debe seguir con vida moitos anos máis e iso só se consigue se ai socios suficientes para aguantar con vida o Recreo.

Reportaxe fotográfico. Fotos cedidas por Antón Ferreira Lorenzo (galiciasuroeste.com)
Clicear nas fotos para agrandalas


O presidente lendo a presentación do acto.

Carmiña, foi a primeira en subir a recitar as súas poesías



Vista parcial do público salón que enchia o salón.



O grupo Antorcha na súa primeira actuación.


Marta, a neta de Oliva María lendo unha poesía.





O público mirado desde outro ángulo.


Oliva María, lendo unha poesía escrita expresamente para este día.




Sara, lendo unha poesía ddicada a súa nai.

María José, actuando como solista.

Nuria compoñente do grupo Antorcha, tamén quixo leer una poesía dedicada a súa nai.


Anselmo, lendo unha poesía.

O Grupo Algarabía interpretando unha peza. Ao fondo varios compoñentes do grupo Antorcha.


Sara e Anselmo, lendo conxuntamente.


Seila foi a primeira actuando co acordeón.


Seila.


Daniel, na súa actuación.


Daniel.
________________________

Actuación do Ballet "Studio 88" do Recreo Artístico Gurdés.









Andrea e Josué bailaron unha salsa.

María José, mostra a súa placa que recibiu de mans do Presidente.


Esther, en representación do grupo Algarabía recibe a placa conmemorativa.


Jusué tamen recibe unha placa en agradecemento a súa traxectoria no Recreo.


O Presidente fixo entrega dunhas flores a Leonor, a súa dona, en representación de todas a nais presentes.


O Presidente conversa con María José, moi satisfeitos polo éxito acadado.


José Ramón Martínez Pena foi o responsable do son.


Agradecemos a Antón Ferreira Lorenzo (galiciasuroeste.info) a xentileza de deixarnos publicar a súas fotos.



A Directiva do Recreo agradece a todos cantos colaboraron neste festival e tamén a os asistentes.

No hay comentarios:

BAILE DE ENTROIDO

Como é tradicional o sábado 10 de febreiro teremos o tradicional baile de disfraces no que estaremos acompañados pola orquesta ABANICO dend...