Na Foto os catro primeiros xovens dispostos a preparar as brasas para facer unha churrascada.
Un grupo de xovens (mais de 50) celebraron a noite de San Xoan no Recreo Artístico Guardés.
Dispuxeron dos asadeiros que hai na parte de atrás do Recreo e alí fixeron a churrascada, comeron, beberon, bailaron e divirtironse facendo uso dunhas instalacións que estan a dispor para todos os socios acompañados dos seus amigos ainda que estes non o sexan.
É a primeira vez que un grupo de xente xoven fai uso destas instalacións por iso a directiva que está apunto de deixar o cargo congratulase e fai un chamamento a xuventude para que celebre a súas festas no Recreo.
Solicitade información e veredes que podedes dispor de un sitio privilexiado para pasar unha velada agradable.
Animadevos e correde a voz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario