miércoles, 1 de julio de 2009

Traspaso de Directiva do Recreo Artístico Guardés

Clicar nas imaxes para agrandalas


O novo Dirixente do Recreo Antonio González Pacheco, firmando a Acta de traspaso de Directiva.

Anselmo Martínez Pena, cinco anos e medio como Presidente, firma o traspaso de cargo.

O pasado martes 30 de xuño de 2009, no Recreo Artistico Guardés, fíxose o Traspaso de Xunta Directiva.

A Directiva Sainte composta por:

Anselmo Martínez Pena
Eloy Fajar Álvarez
José Ramón Martínez Pena
Generoso Ameal Pacheco
Buenaventura Rodríguez Castro
Samuel Alonso Álvarez,

deu paso a Nova Directiva elexida o pasado 31 de maio en Asemblea Xeral Extraordinaria, composta por os seguintes señores socios que gobernarán esta centenaria sociedade:

Antonio González Pacheco
Jesús González Álvarez
Ignacio Saa González
Antonio Castro Lomba
José Ramón Martínez Pena
Antonio Lima Álvarez
Lucinio Sousa Pereira.

Parabéns a todos eles e o desexo de que teñan un goberno axeitado e o Recreo continúe sendo un referente no noso pobo.

Un aperta de mans pon o remate a este acto.

jueves, 25 de junio de 2009

Primeira Churrascada de xente xoven no Recreo.

Na Foto os catro primeiros xovens dispostos a preparar as brasas para facer unha churrascada.

Un grupo de xovens (mais de 50) celebraron a noite de San Xoan no Recreo Artístico Guardés.
Dispuxeron dos asadeiros que hai na parte de atrás do Recreo e alí fixeron a churrascada, comeron, beberon, bailaron e divirtironse facendo uso dunhas instalacións que estan a dispor para todos os socios acompañados dos seus amigos ainda que estes non o sexan.
É a primeira vez que un grupo de xente xoven fai uso destas instalacións por iso a directiva que está apunto de deixar o cargo congratulase e fai un chamamento a xuventude para que celebre a súas festas no Recreo.
Solicitade información e veredes que podedes dispor de un sitio privilexiado para pasar unha velada agradable.
Animadevos e correde a voz.

sábado, 6 de junio de 2009

Nova Directiva do Recreo Artístico Guardés

O Sábado día 6 de xuño, logo de unha longa reunión entre os Directivos electos e a Directiva actual, quedou establecida a NOVA DIRECTIVA que rexerá a centenaria sociedade.

Durante a Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrou o pasado domingo 31 de maio, estes novos directivos foron elixidos por votación entre unha lista de 324 socios de número que cumprían os requisitos regulamentados para ser votados como directivos.

A Nova directiva, que collerá o cargo alá nos comezos do mes de xullo xa que o novo Presidente estará de viaxe ata esas datas, quedou repartida da seguinte maneira:

Presidente:
Antonio González Pacheco


Vicepresidente:
Jesús González Álvarez


Secretario:
Ignacio Saa González

Tesoureiro:
Antonio Castro Lomba

Vocais:
J. Ramón Martínez Pena
Antonio Lima Álvarez
Lucinio Sousa Pereira

jueves, 21 de mayo de 2009

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

Recreo Artístico Guardés

Asunto: Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria.


A Xunta Directiva do Recreo Artístico Guardés, convócao a:
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, á celebrar o vindeiro domingo, 31 de maio ás CATRO E MEDIA da tarde (16:30) horas en primeira convocatoria, e ás CINCO E MEDIA (17:30) en segunda cun único punto no Orde do Día:

Elección de Xunta Directiva.

Notas.-
En caso de que ninguén se presente como candidato a formar nova Directiva, recorreremos ao método de elección mediante votación por lista. (Art. 46º)
Os cargos de directivos son gratuítos e obrigatorios (Art. 45).

O Recreo somo todos os socios. Participemos das Asembleas e así estaremos informados de primeira man, ademais de exercer o noso dereito como socio a poder facernos escoitar.

Dada a importancia desta Asemblea contamos coa vosa colaboración e asistencia.
Non esquezades que ainda que, sen dereito a voto, poden asistir a esta Asemblea os beneficiarios directos dos socios. (as esposas ou os esposos, no caso da muller socia).

Sería moi agradable que houbese candidatos a formar Nova Directiva, por iso apelamos a voa vontade dos socios a que se animen e poñan o seu saber e sacrificio a disposición do Recreo.

Nestes intres a situación económica da Sociedade está saneada e o número de socios, aínda que quixeramos máis, cobren os gastos necesarios.

¡¡¡Ánimo!!! esperamos con non ter que recorrer a nomear Directivos por Lista.

Moitas gracias
A Directiva.

martes, 5 de mayo de 2009

Festival día da Nai 2009

O Domingo 3 de maio celebrouse no Recreo o Festival “Dia da Nai 2009”
Desde a dirección do Recreo agradecen a todos os asistentes a súa presenza xa que o día estaba verdadeiramente de irse a gozar do sol pois era o primeiro domingo do ano que verdadeiramente invitaba saír da casa.

O salón principal encheuse unha vez máis e iso di moito a favor da organización de calquera evento que se organice no Recreo. Sempre está cheo de xente.

O acto transcorreu tal cal estaba programado moi ameno e tamén moi emotivo xa que as poesías dedicadas a Nai fixeron que a xente se sentira, moita dela emocionada.
Interpretaron as poesías neste orde:
Carmiña, a nena Marta e a súa aboa María Oliva, a moza Sara, a nena Nuria e Anselmo.

A música extraordinaria por parte dos grupos Antorcha, e Algarabía.
Maria José, unha vez máis deleitounos coa súa marabillosa voz como solista
Puxeron tamén unha pincelada musical os mozos acordeonistas Seila e Daniel os cales estiveron maxistrais.
Para rematar, o Ballet "Studio 88" do Recreo Artístico Guardés, dirixido por Josué, ofreceu tres bailes os cales interpretaron: as mozas, as pequerrechas e a parella Andrea e Josué.

Destácase a entrega de tres placas conmemorativas a os grupos "Antorcha", "Algarabia" e "Studio 88" por a súa traxectoria cultural ofrecido no Recreo estes últimos cinco anos ofrecendo aempre desinteresadamente as súas actuacións.

Rematouse a festa degustando todos de un anaco de Rosca da Confitería Rogelio (asiduo colaborador neste festival) e un chato de viño doce.

Tamén como en anos anteriores ofreceuse unha flor a cada muller e desta vez a flor veo acompañada dun libro de poesías xentileza da poetisa María Oliva escrito por ela e titulado “Rosas en la arena”

O Presidente da sociedade na despedida do acto fixo un chamamento a todos os asistentes, non socios, a que se animen a facerse para que o Recreo non desapareza xa que, quéirase ou non, é unha institución no pobo de A Guarda, e como tal debe seguir con vida moitos anos máis e iso só se consigue se ai socios suficientes para aguantar con vida o Recreo.

Reportaxe fotográfico. Fotos cedidas por Antón Ferreira Lorenzo (galiciasuroeste.com)
Clicear nas fotos para agrandalas


O presidente lendo a presentación do acto.

Carmiña, foi a primeira en subir a recitar as súas poesías



Vista parcial do público salón que enchia o salón.



O grupo Antorcha na súa primeira actuación.


Marta, a neta de Oliva María lendo unha poesía.





O público mirado desde outro ángulo.


Oliva María, lendo unha poesía escrita expresamente para este día.




Sara, lendo unha poesía ddicada a súa nai.

María José, actuando como solista.

Nuria compoñente do grupo Antorcha, tamén quixo leer una poesía dedicada a súa nai.


Anselmo, lendo unha poesía.

O Grupo Algarabía interpretando unha peza. Ao fondo varios compoñentes do grupo Antorcha.


Sara e Anselmo, lendo conxuntamente.


Seila foi a primeira actuando co acordeón.


Seila.


Daniel, na súa actuación.


Daniel.
________________________

Actuación do Ballet "Studio 88" do Recreo Artístico Gurdés.









Andrea e Josué bailaron unha salsa.

María José, mostra a súa placa que recibiu de mans do Presidente.


Esther, en representación do grupo Algarabía recibe a placa conmemorativa.


Jusué tamen recibe unha placa en agradecemento a súa traxectoria no Recreo.


O Presidente fixo entrega dunhas flores a Leonor, a súa dona, en representación de todas a nais presentes.


O Presidente conversa con María José, moi satisfeitos polo éxito acadado.


José Ramón Martínez Pena foi o responsable do son.


Agradecemos a Antón Ferreira Lorenzo (galiciasuroeste.info) a xentileza de deixarnos publicar a súas fotos.



A Directiva do Recreo agradece a todos cantos colaboraron neste festival e tamén a os asistentes.

lunes, 23 de febrero de 2009

BAILE INFANTIL ENTROIDO 2009 NO RECREO




Perto de 200 cativos, todos eles disfrazados asistiron ao Baile infantil do carnaval 2009, enchendo de colorido e vida o salon do Recro.
A toodus eles, a os seus pais e avós,
o noso agradecemento por a sús asistencia.
Así é como vai o Recreo para diante














BAILE DE ENTROIDO

Como é tradicional o sábado 10 de febreiro teremos o tradicional baile de disfraces no que estaremos acompañados pola orquesta ABANICO dend...